Día 9 de xuño, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de Ricardo Polín e Antonio Ventura Figueroa, experto en Sistemas de Información Xeográfica.
"Camiño Primitivo e a problemática da súa delimitación"
Antes deste acto, entre 19 e 20 h. anotacións para a viaxe do día 25 de xuño, a Santiago de Compostela e para o roteiro con Ricardo Polín polas terras de Castroverde.
Día 9 de xuño, xoves
19 a 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Anotacións para a viaxe do día 25 de xuño, a Santiago de Compostela e para o roteiro con Ricardo Polín polas terras de Castroverde.
Día 26 de maio, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo O Camiño Primitivo Onte e Hoxe
Conferencia de Francisco Singul, historiador.
"A cosmovisión medieval como marco para a espiritualidade xacobea. O Camiño de
Santiago na plena Idade Media"
O día 19 de maio, ás 20,30 horas no salón de actos da Deputación Provincial, tivo lugar a actuación do grupo musical A Quenlla que interpretou poemas musicados do poeta Manuel María. O salón completou o aforo sendo moitas as persoas que non puideron entrar. Abriu o acto Adolfo de Abel Vilela, presidente de Lugo Patrimonio, que agradeceu a presenza do grupo musical e de Alfonso Blanco Torrado, que o presentou. O concerto durou hora e media e cada unha das composicións foi comentada con anécdotas e outros detalles polos membros do grupo Mini e Mero. Con esta actuación a Asociación deu por rematado o ciclo "Manuel María: Amar a vida".
Día 19 de maio, xoves
ás 20:30 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo dedicado a Manuel María: "Amar a vida"
Concerto: "A QUENLLA, canta a Manuel María"
O 3 de maio, con motivo da viaxe a Rumanía que varios socios da Asociación farán do 27 de maio ao 5 de xuño acompañados por Lois Diéguez, o escritor e poeta deu unha charla titulada "Diario de viaxe: polas terras de Rumanía", como limiar á visita a este país para el xa coñecido, facendo proxeccións e comentarios dos lugares a visitar: Bucarest, Sinaia, Bran, Brasov, Prejmer. Rasnouv, Brasov, Medias, Biertan, Sighisoara, Bicaz, Piatra Neamt, Targu Neamt, Humor, Varonet. Marxinea, Sucevita, Moldovita, Sadova, Bogd
Os días 30 de abril e 1 de maio, a Asociación viaxou as provincias de Zamora e León facendo de guía Ignacio Rodríguez Eguibar. Na mañá do primeiro día visitouse o que queda do Mosteiro de San Miguel de Moreruela de onde viñeron para Lugo as reliquias de San Froilán, que pertenceu ao Cister, sendo a parte que se conserva máis importante a cabeceira da igrexa, con sete capelas absidais e deambulatorio, de estilo de transición entre o románico e o gótico.
Día 30 de abril, sábado
ás 8 horas
Saída de diante o Instituto Lucus Augusti para Tábara (Zamora).
Chegada ás 10:30. Visita á torre e oficina de turismo.
As 11:30 visita ao mosteiro de Moreruela.
Ás 12,30, saída para León.
Ás 14,30 xantar.
Ás 16,30, traslado ao Hotel.
Ás 17,30 visita á catedral para ver as pegadas de San Froilán nese monumento.
Cena por libre recomendando á visita ao Barrio Húmido.
Día 1 de maio, domingo
ás 9 horas
Saída de León cara a Valdepiélago ás 9.
Parada na Virxe do Camiño. Visita rápida á igrexa.
Chegada ás 10:30:
Ponte dos Cadaleitos
Fervenza
Volta a Valdepiélago:
Saída cara a Nocedo de Curueño de procesión.
Chegada a Valdorria.
Misa e subida á capela de San Froilán.
Regreso a Nocedo de Curueño sobre as 14:30.
Ás 14:45 xantar en “Casa El Zaguán de Colín”.
As 18 horas visita en Ruitelán a Ermida e cova de San Froilán.
Chegada a Lugo sobre as 21 horas.
Día 28 de abril, xoves
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Ciclo "Seguindo os pasos de san Froilán"
Conferencia de Ignacio Rodríguez Eguibar sobre o roteiro de San Froilán nas provincias de León e Zamora.
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.